Mapa web
Youtube
Campus UNED

Dereitos ARCO

O Regulamento Europeo Xeral de Protección de Datos (GDPR) regula o exercicio dos dereitos do interesado e engade, á lexislación anterior, novos dereitos que melloran a capacidade de decisión e control dos cidadáns sobre os seus propios datos persoais.

Nos dereitos tradicionais de acceso, rectificación, cancelación e oposición (ARCO) incorpóranse os seguintes: o dereito á portabilidade dos datos, o dereito á limitación do tratamento e o dereito á supresión (dereito ao esquecemento), que se consideran como unha manifestación do dereito de cancelación e oposición no ámbito de Internet, froito do avance tecnolóxico.

O Centro Asociado da UNED en Pontevedra, para facilitar o exercicio destes dereitos, pon a disposición da comunidade universitaria a información necesaria, así como os diferentes formularios para exercelos DE XEITO GRATUÍTO.

Ante a solicitude de exercicio dos dereitos, o responsable do tratamento deberá resolver as solicitudes sen dilacións indebidas e no PRAZO MÁXIMO DUN MES, desde a recepción da solicitude e explicando os motivos en caso de non ser atendida. Este prazo poderá prorrogarse por outros dous meses, se é o caso pola complexidade da resolución. Neste último caso, deberá comunicarlle ao interesado esta prórroga no primeiro mes.

Contacto

Email: lopd@pontevedra.uned.es

Máis información

Normativa de Protección de Datos  (en www.uned.es)

Convocatoria del concurso a plazas de profesorado tutor para el curso  2024/2025 (act.13-06-2024)+info

Convocatoria pública para la selección de profesor/a tutor/a por
vacante/sustitución+info
Rúa de Portugal 1 36162 Pontevedra - Pontevedra. tel.: 986851850 informacion@pontevedra.uned.es