Mapa web
Youtube
Campus UNED

Acceso á información pública

Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno 

Obxecto do procedemento

Este procedemento ten por obxecto exercer o dereito de acceso á información pública do Centro Asociado UNED en Pontevedra.

Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que estean en poder do Centro Asociado e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.

Non se debe solicitar toda a información que xa estea publicada na páxina web do Centro e no seu portal de transparencia.

As solicitudes de información sobre a actividade académica (estudos, exames, validacións, etc.) dirixiranse ao correo electrónico  secretaria@pontevedra.uned.es

Destinatarios

Todas as persoas poderán exercer o seu dereito de acceso á información, nos termos previstos no artigo 105.b da Constitución Española.

Órgano encargado da tramitación.  

Secretario do Centro Asociado UNED Pontevedra.

Órgano competente para resolver.

Director do Centro Asociado.

Normativa aplicable.

Artigo 105 da Constitución Española. 

Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. 

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Medios de presentación

Por correo electrónico a través dunha solicitude asinada cun certificado dixital.

Presencialmente, cubrindo o formulario que se atopa no portal de transparencia do Centro Asociado da UNED en Pontevedra e presentándoo en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Data límite de presentación

En calquera momento.

Documentación requirida.

Formulario de solicitude debidamente cuberto e asinado.

Consentimento expreso por escrito do afectado cando a solicitude de acceso á información pública conteña datos persoais de terceiros salvo que unha lei autorice o acceso.

Motivación

En principio, non existe a obriga de motivar a solicitude de acceso á información pública. Non obstante, a persoa interesada poderá indicar os motivos polos que solicita a información, que poderán ter en conta cando se dite a resolución.

As solicitudes deberán estar motivadas cando, no exercicio dun dereito ou por motivos de investigación, se solicite o acceso a datos persoais non especialmente protexidos.  

Período máximo de resolución.

Un mes desde a recepción da solicitude no rexistro do Centro, prorrogable por un mes máis no caso de que o volume ou complexidade da información solicitada o faga necesario.

Formalización do acceso.

O acceso á información farase preferentemente por vía electrónica, salvo que non sexa posible.

Cando no momento da notificación da resolución non se poida dar acceso, esta concederase nun prazo non superior a dez días.

Se houbese oposición de terceiro, o acceso só terá lugar cando, unha vez concedido o dito acceso, transcorra o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo sen que se formalizase ou resolvese que confirmase o dereito a recibir a información.

Efecto do silencio administrativo

Desestimatorio.

Recursos

Contra calquera resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e con carácter previo á súa impugnación mediante vía contencioso-administrativa.

A reclamación interpoñerase no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

As resolucións que se diten en materia de acceso á información pública poderán ser recorridas directamente ante a Xurisdición Contencioso-Administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación. No caso de falta de notificación, o prazo será de seis meses contados desde o día seguinte ao de producirse o feito presunto.

Protección de datos persoais

De conformidade co disposto no Regulamento UE 679/2016 Xeral de Protección de Datos e na lexislación vixente, informámoslle de que os datos facilitados neste documento serán tratados, como Responsable, polo Centro Asociado UNED en Pontevedra.

A finalidade do tratamento dos datos é a xestión deste procedemento.

A base xurídica pola que se tratan os seus datos é o cumprimento das funcións recollidas na citada normativa e, se é o caso, o consentimento. Así mesmo, os datos serán utilizados para enviar información, por calquera medio, sobre as finalidades anteriormente descritas.

Os seus datos non serán cedidos nin comunicados a terceiros, salvo nos casos necesarios para a debida atención, desenvolvemento, control e cumprimento das finalidades expresadas, así como nos supostos previstos pola Lei.

Podes exercer os dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Limitación do tratamento, Portabilidade dos datos ou Oposición ao tratamento ante a UNED de Pontevedra. Rúa de Portugal 1 36162 Pontevedra - Pontevedra CP: 36162, enviando un correo electrónico a asuntoseconomicos@pontevedra.uned.es

Máis información na Axencia Española de Protección de Datos:

http://www.agpd.es/portalwebAGPD/index-ides-idphp.php

 

INICIA O PROCESO AQUÍ FORMULARIO DE ACCESO A INFORMACIÓN PÚBLICA

Convocatoria del concurso a plazas de profesorado tutor para el curso  2024/2025 (act.13-06-2024)+info

Convocatoria pública para la selección de profesor/a tutor/a por
vacante/sustitución+info
Rúa de Portugal 1 36162 Pontevedra - Pontevedra. tel.: 986851850 informacion@pontevedra.uned.es