Mapa web
Youtube
Campus UNED

Exames

Onde e cando facer a proba?

- Os exames se realizarán únicamente no  Centro Asociado de Pontevedra (Rúa de Portugal 1 36162 Pontevedra - Pontevedra. tel.: 986851850) onde se poderá realizar o exame de todos os cursos impartidos pola UNED, pero nunca en ningunha das suas Aulas Universitarias.

- Se desexas examinarte noutro Centro Asociado da UNED, distinto daquel no que está  matriculado/a, debes solicitalo por escrito, á atención do director do Centro Asociado onde se queira realizar o exame, xunto con fotocopia do xustificante de inscripción. Deberase realizar polo menos 15 días antes da sesión de exames.

Están previstas dúas semanas, en xaneiro e febreiro, para realizar os exames das materias do primeiro cuadrimestre.

A primeira semana de probas presenciais desenvolverase  do 22 ao 26 de xaneiro do 2024. A segunda semana, do 5 ao 9 de febreiro do 2024. Entre elas hai unha semana intermedia sen exames e sen titorías.  

- Debes escoller unha única data para realizar o exame de cada materia.  

Nas convocatorias ordinarias de exames (xaneiro-febreiro e maio-xuño)  tes  dispoñibles dúas datas para realizar a proba de cada materia, unha na primeira semana e outra na segunda semana. Non se permite realizar o mesmo exame de materia nas dúas semanas.

- Cada día de exame organízase en catro sesións. 

As probas presenciais están programadas en 

quendas de mañá (ás 9.00 h e 11.30 h) e de tarde (ás 16.00 h e 18.30 h).   

- Cada exame ten unha quenda diferente cada semana (mañá ou tarde) para axudarche a conciliar os teus estudos coa túa vida persoal e laboral.

Consulta o calendario de exmes para coñecer cal quenda adaptase mellor ás túas necesidades.

- Non esquezas o teu carné de estudante para este curso 2023/2024 e o teu documento de identidade (DNI, NIE ou pasaporte). Debes identificarte ante o tribunal con estos documentos, así que se non os traes contigo o día do exame non poderas  acceder ao mesmo. Se non tes carné de estudante, ponte en contacto co Centro Asociado.  

-  Non poderá saír da aula ata 30 minutos despois do inicio de cada quenda.      

Calendario de exames

Banco de exames

Se queres consultar exames doutros cursos, podes atopar o acceso ao repositorio de exames na seguinte  ligazón

Consellos de última hora...

Consulta o calendario

Antes de vir ao Centro Asociado, revisa o calendario de exames: grao, carreira e semana de exames. O calendario oficial está publicado en uned.es

Trae o teu carné de estudante

Lembra traer o teu carné de estudante e un documento de identidade (DNI, pasaporte...) para acceder á aula de exames.

Veña cedo

Recomendamos que chegue con polo menos 30 minutos de antelación. Os exames celébranse na Aula Magna do edificio da UNED de Pontevedra (onde estamos), e hai que acceder a través da escaleira principal.

Solicita o teu carné de estudante

Se non dispón de carné de estudante ou se o que posúe non é válido (o prazo de vixencia indícase no  anverso do carné), deberá solicitar un novo carné de estudante. Podes facelo por email ou no departamento de información do noso centro asociado.

Horarios reforzados durante as probas presenciais

Durante as probas presenciais reforzamos os horarios dos diferentes servizos do centro asociado para poder axudarche cando o precises. O horario xeral de apertura do centro asociado durante as probas presenciais é ás 8:00 horas. ás 21:00 h. ininterrompidamente.

Rúa de Portugal 1 36162 Pontevedra - Pontevedra. tel.: 986851850 informacion@pontevedra.uned.es